9.9.22

CALENDARIO ESCOLAR 2022-2023

 


 Ola familias!! Pasámosvos o calendario escolar deste curso marcado pola Consellería de Eduación.

Bo comezo de curso a tod@s!!




10.11.21

A ESCOLA DE FAMILIAS

 A Asociación “VIEIRO” dentro da programación de PREVENCION no AMBITO FAMILIAR, convoca A ESCOLA DE FAMILIAS a través de todos os CEIPS e I.E.S. do municipio ao igual que en anos anteriores co fin de informar e formar a pais e nais á hora de desempeñar a labor de educadores/as.

Este curso é totalmente gratuíto e poderano solicitar aquelas ANPAS ou CENTROS EDUCATIVOS que consigan formar un grupo como mínimo de 7 persoas.

A duración do curso será de 7 meses (de Novembro a Maio) con clases presenciais semanais dunha hora e media de duración.

O curso será impartido por psicólog@s desta Asociación na escola vella de Nétoma.

 

En caso de estar interesados en asistir a estas charlas informativas, rógase que por favor entregedes este recorte debidamente cuberto. Prazo de entrega ata o venres 12 de Novembro.

 


 



Actividades para axudar a concienciar contra a violencia de xénero

Dende a ANPA coa colaboración da Xunta de Galicia e da asociación VIEIRO, organízanse as seguintes actividades para axudar a concienciar contra a violencia de xénero: